MELLORA DA ACCESIBILIDADE-SUPRESIÓN DE BARREIRAS ARQUITECTÓNICAS NO CONTORNO E NA CASA DO CONCELLO: ITINERARIO (ADAPTACIÓN DE BEIRARRÚA-VAO PEONIL E CONSTRUCCIÓN DA RAMPLA DE ACCESO Imprimir
Jueves, 19 de Julio de 2018 14:54

 

 

Vista a Orde do 21 de xullo de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións aos concellos galegos, destinadas á mellora da accesibilidade nos edificios e espazos de uso público, cofinanciadas polo programa operativo do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para os anos 2017 e 2018 (Diario Oficial de Galicia nº 151 de 09/08/2017).

Vista a Resolución dictada polo Conselleiro de Política Social de data 31/12/2017 mediante o cal se acorda conceder unha axuda por importe de 27.853,40€ (vinte e sete mil oitocentos cincuenta e tres euros con corenta céntimos) para un investimento total de 39.790,57€ (trinta e nove mil setecentos noventa euros con cincuenta e sete céntimos) co fin de levar a cabo a actuación: Mellora da accesibilidade-supresión de barreiras arquitectónicas no contorno e na Casa do Concello: itinerario (adaptación de beirarrúa-vao peonil e construcción de rampla de acceso). O importe concedido estará cofinanciado con fondos Feder (Unha maneira de facer Europa) no programa operativo Galicia 2014-2020 nunha porcentaxe do 80% obxectivo temático 9 – Promover a inclusión social e loitar contra a pobreza e calquer forma de discriminación, prioriodade de investimento 9.7 – Investimento en infraestrutura sanitaria e social que contribùa ao desenvolvemento nacional, rexional e local e á reducción das desigualdades sanitarias, ao fomento da inclusión social mediante un acceso mellorado aos servizos sociais, culturais e recreativos e a transición dos servizos institucionais aos servizos locais-, obxectivo específico 9.7.1 – Investimento en infraestrutura social e sanitaria que contribúa ao desenvolvemento nacional, rexional e local e reduza as desiguladades sanitarias e transición dos servizos institucionais aos servizos locais. A categoría da intervención é a 055 (“Outra infraestrutura”) e a actuación 9.7.1.3: “Conversión e adaptación de vivendas e infraestruturas de servizos sociais a un modelo de accesible e acorde coas innovacións sociais e demandas da sociedade, así como a creación e habilitación de espazos públicos de formación, captación e investigación”.

 

PO FEDER “Unha maneira de facer Europa”

Visto o proxecto relativo á actuación Mellora da accesibilidade-supresión de barreiras arquitectónicas no contorno e na Casa do Concello: Itinerario (adaptación de beirarrúa-vao peonil e construcción de rampla de acceso), proxecto denominado MELLORA DE ACCESIBILIDADE, SUPRESIÓN DE BARREIRAS ARQUITECTÓNICAS NO ENTORNO DA CASA DO CONCELLO DE GUNTIN, redactado polo Enxeñeiro de Camiños, Canais e Portos, D. Francisco Barea Paz (Squadra Global, s.l.) no que o orzamento total ascende á cantidade de 39.790,57€ (trinta e nove mil setecentos noventa euros con cincuenta e sete céntimos), dos que 32.884,77€ (trinta e dous mil oitocentos oitenta e catro euros con setenta e sete céntimos) se corresponden ao prezo base e 6.905,80€ (seis mil novecentos cinco euros con oitenta céntimos) ao I.V.E.

Visto que foron convidadas as tres empresas que a continuación se relacionan:

- PROXECTA, OBRAS E SERVICIOS, S.L

- OGASAVIALES DE LUGO, S.L

- GLOBALSER SOLUCIONES INTEGRALES, S.L

Visto qua as tres empresas convidadas presentaron en forma e prazo a documentación requerida na proposta de invitación.

Vistas as propostas económicas presentadas por cada unha delas, que son as que a continuación sen reproducen:

- Proposta presentada pola empresa GLOBALSER SOLUCIONES INTEGRALES, S.L.U., con C.I.F.: B32484305, a cal se compromete a executar a actuación: Mellora da accesibilidade-supresión de barreiras arquitectónicas no contorno e na Casa do Concello: itinerario (adaptación de beirarrúa-vao peonil e construcción de rampla de acceso polo importe total de 39.690,00€ (Trinta e nove mil seiscentos noventa euros) dos que 32.801,65€ (Trinta e dous mil oitocentos un euros con sesenta e cinco céntimos) se corresponden ao prezo base e 6.888,35€ (seis mil oitocentos oitenta e oito euros con trinta e cinco céntimos) ao (I.V.E.).

- Proposta presentada pola empresa OGASAVIALES DE LUGO, S.L. con C.I.F.: B27291038, a cal se compromete a executar a actuación: Mellora da accesibilidade-supresión de barreiras arquitectónicas no contorno e na Casa do Concello: itinerario (adaptación de beirarrúa-vao peonil e construcción de rampla de acceso) polo importe total de 39.600,00€ (trinta e nove mil seiscentos euros) dos que 32.727,27€ (trinta e dous mil setecentos vinte e sete euros con vinte e sete céntimos) se corresponden ao prezo base e 6.872,73€ (seis mil oitocentos setenta e dous euros con setenta e tres céntimos) ao (I.V.E).

- Proposta presentada pola empresa PROXECTA, OBRAS E SERVICIOS, S.L., con C.I.F.: B32473308, a cal se compromete a executar a actuación: Mellora da accesibilidade-supresión de barreiras arquitectónicas no contorno e na Casa do Concello: itinerario (adaptación de beirarrúa-vao peonil e construcción de rampla de acceso) polo importe total de 39.500,00€ (trinta e nove mil cincocentos euros) dos que 32.644,63€ (trinta e dous mil seiscentos corenta e catro euros con sesenta e tres céntimos) se corresponden ao prezo base e 6.855,37€ (seis mil oitocentos cincuenta e cinco euros con trinta e sete céntimos) ao (I.V.E.).

Visto o artigo nº7 da Orde do 21 de xullo de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións aos concellos galegos, destinadas á mellora da accesibilidade nos edificios e espazos de uso público, cofinanciadas polo programa operativo do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para os anos 2017 e 2018, di que a resolución de adxudicación recaerá na proposta económica máis vantaxosa.

Visto que a proposta económica máis vantaxosa foi a presentada pola empresa PROXECTA OBRAS E SERVICIOS, S.L. con  C.I.F.: B32473308, é polo que no uso das atribucións que me confire o apartado primeiro da D.A. SEGUNDA do Texto Refundido da Lei de Contratos do Sector Público, aprobado por Real Decreto Lexislativo 3/2011 de 14 de novembro.

ACORDEI:

Primeiro: Adxudicar a actuación: Mellora da accesibilidade-supresión de barreiras arquitectónicas no contorno e na Casa do Concello: itinerario (adaptación de beirarrúa-vao peonil e construcción de rampla de acceso) á empresa PROXECTA OBRAS E SERVICIOS, S.L. con C.I.F.:B32473308 polo importe total de 39.500,00€ (trinta e nove mil cincocentos euros) dos que 32.644,63 (trinta e dous mil seiscentos corenta e catro euros con sesenta e tres céntimos) se corresponden ao prezo base e 6.855,37€ (seis mil oitocentos cincuenta e cinco euros con trinta e sete céntimos) ao I.V.E.

Este proxecto cofinanciarao o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder). PO FEDER “Unha maneira de facer Europa”

Esta adxudicación supón a súa aceptación a ser incluído na lista pública que se recolle no artigo 115.2 do Regulamento (UE) 1303/2013, do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro.

 

CARTEL