A Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER) concedeulle a este Concello de Guntín ao abeiro da Resolución do 28 de febreiro de 2023 para a concesión das axudas correspondentes ao Plan de mellora de camiños rurais 2023-2024, confinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER) no marco do Plan estratéxico da PAC 2023-2027 en Galicia, en réxime de concorrencia non competitiva (Diario Oficial de Galicia nº 44 de 03/03/2023) para levar a cabo as obras descritas no proxecto denominado ACONDICIONAMENTO E MELLORA DOS ACCESOS A VIGO DE MOSTEIRO E DE CORBACIÓN A CASTRO. As aportacións son as que a continuación de detallan:
- AGADER (Xunta de Galicia): 84.120,00€.
- Concello de Guntín: 33.735,82€
En data 25/09/2023 adxudicáronselle as obras de ACONDICIONAMENTO E MELLORA DOS ACCESOS A VIGO DE MOSTEIRO E DE CORBACÍN A CASTRO á empresa CONSTRUCCIONES Y OBRAS TABOADA RAMOS, S.L.U. polo importe de 106.600,59€.