MARÍA JOSÉ GÓMEZ RODRÍGUEZ, ALCALDESA-PRESIDENTA DO CONCELLO DE GUNTIN (LUGO)
FAI SABER:
Que o vindeiro MARTES, 3 de MAIO DE 2022 está previsto que den comezo as obras de arranxo da Estrada Nacional 540 ao seu paso polo Concello de Guntín, motivo polo que se AGRADECE que durante o tempo que duren as citadas obras non se estacionen os vehículos en ningunha das marxes do vial.
Guntín, 29 de abril de 2022.